Homesociedade3.000 firmas para que Educación informe das obras no colexio Frei Luis...

3.000 firmas para que Educación informe das obras no colexio Frei Luis de Granada

A recentemente constituída Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luís de Granada de Sarria (Lugo) recolleu máis de 3.000 firmas para esixir á Consellería de Educación que informe das obras no colexio, que obrigaron a que as clases aos 377 nenos matriculados se impartan na Escola Fogar.

Publicado o

- Advertisement -

Un dos portavoces da Plataforma, Javier Pico, precisou que pretenden que a Xunta ofreza información porque entenden que se “mentiu e ocultou información” por parte da Consellería sobre estas obras no centro, que motivaron que os pais non enviasen aos seus fillos a clases durante un par de semanas.

Tamén asegurou que a “principal reclamación é un colexio novo porque o Frei Luís de Granada presenta problemas estruturais. Así o din os informes da Xunta, con formigóns de mala calidade e non pode ser que a Xunta siga con parches neste colexio desde 2011”.

En canto á Escola Fogar, Pico sinalou que “para os nenos é moi incómodo, son aulas pequeniñas. O meu fillo dime que para saír da aula ten que saír de lado porque se sae de fronte dáse coas cadeiras”.

O portavoz desta plataforma constatou que desde que se reiniciaron as clases na Escola Fogar, fai un par de semanas, “producíronse problemas de pingueiras. Non é unha situación ideal para que os nosos fillos reciban educación aí, necesitamos aulas en condicións e esiximos tanto ao Concello de Sarria como á Xunta solucionar esta situación.

ÚLTIMAS

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...