HomesociedadeO alcalde de Taboada confía en que a suspensión da produción de...

O alcalde de Taboada confía en que a suspensión da produción de Casa Macán sexa “provisional”

Ramiro Moure cre que a repercusión desta alerta sanitaria sería maior se ocorrese hai cinco anos, momento no que a queixería tiña unha maior actividade. Aínda así, "vai ser complicado levantarse".

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde Taboada, Ramiro Moure, confía en que a paralización da produción de lácteos de Casa Macán sexa “provisional”, despois de que a Consellería de Sanidade ordenase a retirada do mercado de todos os seus produtos por unha alerta sanitaria debido á falta de “limpeza”.

Respecto diso, prevé que esta situación teña unha “repercusión importante” sobre esta queixería do sur de Lugo, aínda que descoñece o impacto “real” que poida ter.

“VAI SER COMPLICADO LEVANTARSE”

O rexedor sinala que a empresa presentaba “unha actividade moi baixa porque foi cedendo e perdendo cota de mercado”. De feito, na actualidade conta cun cadro de persoal de “10 traballadores”, pero “chegou a ter ata 50”.

“Hoxe a repercusión é máis pequena que se isto mesmo se producise hai cinco anos”, reflexiona Moure. Iso si, aínda que sexa “unha parada provisional”, entende que “vai ser complicado levantarse”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...