HomesociedadeO dono de Casa Macán, "sorprendido" por todo o "show" montado tras...

O dono de Casa Macán, “sorprendido” por todo o “show” montado tras a alerta sanitaria

Eladio Rigueira confía en que Sanidade permita retomar a actividade produtiva durante as próximas horas.

Publicado o

- Advertisement -

A empresa Lácteos Casa Macán confía en que as autoridades sanitarias dean a súa autorización para retomar a produción na fábrica de Tabaoda, cuxa actividade foi suspendida cautelarmente por “incumprimentos de limpeza”.

O propietario de Casa Macán, Eladio Rigueira, confesou sentirse “sorprendido” por todo “o show que se montou” arredor da súa empresa como consecuencia da alerta sanitaria decretada no día de onte. Preocúpalle os prexuízos que iso poida ocasionar sobre a imaxe da compañía. “Non creo que sexamos capaces de coller outra vez impulso. Agora que lle contamos á xente e aos traballadores? É o que hai”.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...