HomesociedadeRecuperada a contorna da ponte dos Picos co regato das Malloadas en...

Recuperada a contorna da ponte dos Picos co regato das Malloadas en Monforte

A Confederación Hidrográfica Miño Sil finaliza as obras de reparación da marxe dereita do arroio das Malloadas de Monforte, afectada polos temporais do último trimestre de 2019.

Publicado o

- Advertisement -

A acción erosiva do elevado caudal provocou o esborralle dunha parte da marxe dereita do regato das Malloadas, á altura da Ponte do Picos. 

Estas obras foran declaradas de emerxencia polo Consello de Ministros celebrado o 28 de xaneiro do 2020. Coas obras executouse un dique de 27 m de lonxitude e 2,20 m de altura media, repoñéndose o peitoril anteriormente existente e as instalacións de iluminación pública. Igualmente procedeuse a estender unha capa de aglomerado asfáltico de similares características á que existía anteriormente.

Os traballos completáronse cunha mellora da drenaxe das augas pluviais que discorren pola rúa co fin de asegurar a estabilidade da nova estrutura e evitar novos derrubes. Estas obras de emerxencia, que deron comezo o pasado 9 de xaneiro, supuxeron un investimento de 56.976,42 €.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...