HomeCulturaRibeira Sacra e a Costa da Morte chegan a Berlín en "Lúa...

Ribeira Sacra e a Costa da Morte chegan a Berlín en “Lúa Vermella”

Lúa vermella, o novo filme do realizador de orixe monfortina, Lois Patiño, ten a súa estrea mundial, o sábado 22 dentro da sección Forum da Berlinale.

Publicado o

- Advertisement -

A industria audiovisual galega preséntase no European Film Market de Berlín cunha delegación de 17 empresas. A cita arranca este xoves en paralelo á 70ª edición do seu prestixioso festival internacional de cinema, Berlinale. A Xunta de Galicia apoia esta misión comercial da que forman parte 17 compañías produtoras e distribuidoras. Entre elas, atópase a produción de Zeitun Films, Lúa vermella, o novo filme do realizador Lois Patiño.

Nesta película, o director regresa á Costa da Morte, que lle deu título á súa primeira e premiada longametraxe, e adéntrase noutro territorio cargado de simbolismo, Ribeira Sacra. De feito gran parte do equipo e dos actores e figurantes son da Ribeira Sacra. A estrea de Lúa Vermella será un dos focos principais do evento, Galician Film Industry at Berlinale, que terá lugar na noite do luns 24 no Academie Lounge.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...