HomesociedadeO Incio suma máis de 100 persoas no desfile de carrozas deste...

O Incio suma máis de 100 persoas no desfile de carrozas deste sábado

O desfile de carrozas que organiza este sábado, ás 18.00 horas, o Concello do Incio ten confirmada a participación de 8 grupos que soben das dez persoas, polo que xa hai máis de cen disfraces inscritos.

Publicado o

- Advertisement -

O concello conta aumentar esa cifra ao sumarlle as inscricións de última hora e os disfraces individuais, o que fai pensar que a participación no Entroido do Incio será elevada.

A saída do desfile será desde a residencia ás 18:00 horas e o percorrido rematará diante da Casa do Concello. Ás 19:00 horas haberá chocolatada e doces de Entroido na Praza do Concello. A celebración estará amenizada por un trío musical.

Ás 22:00 horas haberá unha cea-baile no Mercado Gandeiro do Incio organizada polos veciños e veciñas á que animan a asistir disfrazado. O menú está composto por sopa de cocido, cocido, sobremesa e café e terá un prezo de 15 euros para os adultos e será gratuíto para os nenos e nenas ata os 8 anos. Tamén haberá música en directo con DJ Francis. As entradas poden adquirirse nos bares do Incio e na Ferretería O Garabato.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...