HomesociedadeFesta do Caldo de Ósos de Taboada, a festa do inverno

Festa do Caldo de Ósos de Taboada, a festa do inverno

O Concello de Taboada celebra o domingo, 23 de febreiro, a XXIX edición da súa Festa do Caldo de Ósos. Previo ao día grande, o sábado 22 terá lugar o roteiro osovinícola desde as 19.00, un percorrido festivo polos bares da capital municipal. Ás 23.00 do sábado dará comezo no centro cívico o festival musical Festóso con Fábrica de Espejos, Mugre, Color Carne, Tiam GZ .

Publicado o

- Advertisement -

O domingo 23, os actos comezarán ás 10.00 coa apertura da exposición de produtos do campo e derivados do porco. Ás 11.30 comezará unha exhibición de escultura en madeira a cargo de Marcos Mariño. Ás 12.00 haberá concentración de coches clásicos, seguida dunha actuación da asociación Os Rechouchíos.

Ás 13.00 horas terá lugar o pregón que, cada ano, recae nunha persoa natural do municipio. Neste caso será Isaura Abelairas Rodríguez de Castelo; mestra e directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo do 1993 ao 2007, concelleira en Vigo do 99 ao 03 e deputada provincial en Pontevedra co PSOE ata 2007.

Isaura Abelairas

Isaura Abelairas falaba así en entrevista con Xornal de Lemos do momento antes do pregón, “Acostumada a falar toda a vida en público para o publico máis rebelde e esixente que é o público infantil, eses non perdoan; ou como política. Pero claro, subir en Taboada onde os que te están mirando son os teus conveciños e conveciñas; uffff.

Eu dicía, que digo que non se teña dito xa? A min témblanme as pernas. A miña filla dicíame, mamá sen como eres. Pero teño que levar un guión, se non levo algo escrito comezo a falar e non paro. Se comezo a contar anécdotas da academia de Taboada non acabamos nunca; ou da horta do cura de San Roque, do don José.”

Tralo pregón terá lugar a degustación popular gratuíta de caldo de ósos ofrecida polo gremio de hostalería. Ás 14.00, os restaurantes ofrecerán o menú da festa: caldo de ósos, costela asada, filloas e queixo con mel.

O grupo de gaitas e danzas Os d’ Eiquí ofrecerá unha actuación ás 18.00 e ás 20.00 haberá degustación de produtos do porco, seguida de verbena coa orquestra Panamá.

Presentación da Festa / Concello de Taboada

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...