HomesociedadeRibeira Sacra cualifica a colleita 2019 en Portomarín

Ribeira Sacra cualifica a colleita 2019 en Portomarín

As Catas de Cualificación da D.O. Ribeira Sacra teñen carácter itinerante por subzonas e, nesta ocasión, a quenda é para a subzona de Chantada. O pasado ano, a cita foi en Paradela (subzona de Ribeiras do Miño), onde a colleita 2018 obtiña a valoración de EXCELENTE.

Publicado o

- Advertisement -

O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova anada. A recollida de mostras estivérona facendo técnicos do C.R.D.O.R.S. desde o pasado día 21.

Integran o panel de cata desta edición:

  • Constantino Iglesias, Asociación Galega de Catadores
  • Alejandro López Facorro, Asociación Sumilleres de Gallaecia
  • Ana Isabel Fernández Escudero, Asociación VitisLucus, expertos en análisis sensorial e enoturismo
  • Maira Ratón Fernández, Asociación Galega de Enólogos
  • Waldo Carreiras Albo, representante Consumidores Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
  • José María Martínez Alonso, representante Distribución Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
  • Alfonso Losada Quiroga,experto en Análise Sensorial de Viños
  • David Pascual Rodríguez, experto en Análise Sensorial de Viños
  • Mar Vilanova de la Torre, expera en Análise Sensorial de Viños
  • José Luis Hernáez Mañas, experto en Viticultura e Análise Sensorial de Vinos

A cata celebrarase o día 28 en Portomarín; a súa finalidade é informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van a atopar no mercado. A primeira cata de cualificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde entón, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, excepto os dous últimos anos e no 2000, que foron “EXCELENTES”.

ÚLTIMAS

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...