HomeSucesosArde unha casa en Pantón sen causar danos persoais

Arde unha casa en Pantón sen causar danos persoais

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio que se produciu na noite do domingo para o luns, 24 de febreiro, deixou practicamente reducida a cinzas unha vivenda unifamiliar no lugar de Barreiro, no municipio lucense de Pantón. Non houbo que lamentar danos persoais, dado que os propietarios non estaban dentro da casa cando comezou o lume.

O alcalde da localidade, José Luis Álvarez, precisou que a casa é propiedade dunha familia que vive en Vigo e que se achega normalmente as fins de semana. Tamén explicou que o lume comezou sobre as 21:00 horas, aparentemente por causa dun curtocircuíto, e aínda que os medios de emerxencias lograron sufocar as chamas, o incendio volveu reavivarse ao redor das 06:30 horas desta mañá, polo que a vivenda “quedou totalmente destruída”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...