HomesociedadeCita en Quiroga con Rosalía, a igualdade e o emprendemento

Cita en Quiroga con Rosalía, a igualdade e o emprendemento

O BNG de Quiroga organiza este venres, 28 de febreiro, unha actividade divulgativa e dinamizadora baixo o título de “Rosalía, Igualdade e Emprendemento”. A cita, aberta ao público, será no salón de actos da Casa da Cultura de Quiroga ás 20:15 h.

Publicado o

- Advertisement -

Na proposta, Rosalía Igualde e Emprendemento, farase unha breve lembranza á figura de Rosalía e repasarase a panorámica actual sobre a igualdade e o emprendemento feminino. Aproveitarase para dar a coñecer a experiencia de varias emprendedoras da Comarca de Quiroga e rematarase cun coloquio que moderará Mónica Novas Dios, directora de Asistogal, consultoría en igualdade de xénero e xestión da diversidade.

O encontro servirá para visibilizar e valorar estas aventuras empresariais de mulleres no rural e ao mesmo tempo intentar motivar ás/ós asistentes. Cinco son as emprendedoras que confirmaron a súa asistencia, unha do concello de Folgoso do Courel, unha de Ribas de Sil e tres máis do concello de Quiroga. As emprendedoras contarán brevemente a súa experiencia persoal na difícil misión de traballar por conta propia no rural. 

A organización quere aproveitar a efeméride do nacemento de Rosalía, este pasado luns, 24 de febreiro, para lembrar o seu papel a prol do feminismo. Neste punto contarán coa colaboración da coñecida escritora local, Celia Díaz, que fará unha breve reseña sobre Rosalía como precursora do feminismo en Galicia.

Con esta actividade, o BNG de Quiroga afirma quere amosar o seu empeño por avanzar en temas de igualdade, poñer en valor e visibilizar o traballo das emprendedoras locais e activar dinámicas motivadoras e inspiradoras para outras mulleres.

 

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...