HomesociedadeUn veciño de Currelos, no Saviñao, fai viral unha iniciativa sobre 'galegofobia'

Un veciño de Currelos, no Saviñao, fai viral unha iniciativa sobre ‘galegofobia’

Anxo Cadahía, un rapaz moi activo e popular en Twitter, tivo unha iniciativa nesta rede social na que convida a que a xente conte as súas experiencias ante situacións de rexeitamento ao galego.

Publicado o

- Advertisement -

Anxo Cadahía, @Cadahiacurrelos, puxo en marcha a iniciativa que anima a facer públicos casos de galegofobia relacionados coa lingua e o resultado está sendo espectacular. Falamos con el e comenta que está impresionado polo alcance que está tendo. “Cantidade de xente participou e contou as súas experiencias e ata unha profe de galego que tiven hai anos enterouse e quere vir verme para falar comigo”, comenta Manuel. “E cando vin a noticia en Galicia Confidencial, xa flipei”, engade.

El mesmo comenta un caso: “Hai anos levei a un amigo a unha entrevista de traballo a A Coruña, preto do Pazo da Ópera. Namentres fun tomar unha cervexa á Av. de Arteixo, nese momento chamáronme ao tlf. -Onde estás? -Na Coruña, na av. de Arteixo. Di o camareiro: Arteijo! Quedou a cervexa alí”.

Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...