HomesociedadePunto limpo móbil para as parroquias na Pobra do Brollón

Punto limpo móbil para as parroquias na Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón ten un novo punto limpo móbil que xa está en circulación polas parroquias do concello co obxectivo de facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa forma parte do programa municipal ‘Menos residuos, máis vida’, e realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. O punto limpo móbil está instalado dende este luns en Parada dos Montes e nas próximas semanas percorrerá diferentes parroquias do concello para uso dos veciños.

O punto limpo móbil consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes tales como pilas, medicamentos, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresora. Estes residuos posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa reciclaxe e depósito seguro.

‘Nun concello como o noso, no que hai unha dispersión da poboación enorme, este punto limpo móbil é moi necesario para facilitarlle a reciclaxe a veciñanza,’ comenta o concelleiro de medio ambiente Ricardo Rodicio. ‘Esta iniciativa, xunto a outras que temos en marcha, convértenos nun Concello referente na xestión sostible de residuos.’

O punto limpo móbil súmase a outras iniciativas xa implantadas polo goberno local en prol da redución da contaminación ambiental a causa dos residuos, como a compostaxe comunitaria ou a recollida domiciliaria de residuos voluminosos.

O punto limpo móbil permanecerá en Parada dos Montes ata o mércores. De xoves a domingo estará en Salcedo. O luns da próxima semana trasladarase a Lamaigrexa e o venres a Castroncelos. As próximas paradas anunciaranse con antelación. Todos os veciños reciben de antemán unha carta informativa na que se explica como usar o punto limpo móbil, e onde e cando estará na súa parroquia.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...