HomeCulturaAlfonso Eiré presenta libro en Chantada

Alfonso Eiré presenta libro en Chantada

A Editorial Hércules vén de editar a súa última obra, "A maxia da auga", e o autor estará o 5 de marzo no Círculo Recreativo de Chantada para dalo a coñecer.

Publicado o

- Advertisement -

A Irmandade Cultural País do Faro promove a presentación do libro “A maxia da auga”, do chantadino Alfonso Eiré. O acto terá lugar no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada este xoves 5 de marzo a partir das 20:15 horas.

A presentación correrá a cargo de Mercedes Vázquez, responsable de Chantada Comunicación, e no acto estará tamén Francisco Rodríguez, fundador da Editorial Hércules.

A MAXIA DA AUGA

Trátase dun libro de relatos que pretende devolver á vida e actualizar os principais mitos galegos para darlles unha nova visión traídos á actualidade. Narracións que buscan retratar á sociedade actual tendo como referencia as crenzas do pasado.

O título da obra ten sentido partindo da lóxica común de que moitas das lendas ancestrais galegas están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga nunha Galiza que o mesmo Álvaro Cunqueiro definiu como “O país dos mil ríos”…

O propio autor, dinos na contraportada da súa obra, quizais para rematar de engaloiarnos, que: “neste libro hai moito de lenda, pero aínda hai moito máis de verdade. Procure a súa para ver se lle encaixa“.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...