HomesociedadeHotusa recoñece despedimentos pola caída de reservas que orixinou o coronavirus

Hotusa recoñece despedimentos pola caída de reservas que orixinou o coronavirus

O grupo hostaleiro, Hotusa, recoñeceu que se produciron despedimentos nas súas oficinas de Chantada (Lugo) e Madrid debido á caída no número de reservas ante a expansión global do coronavirus. A CIG cifra en 8 os despedimentos de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

A denuncia procedeu do sindicato CIG, que cifra o número de persoas despedidas nas oficinas de Chantada, no último mes, nun total de oito, cinco delas “coa escusa” do descenso de reservas pola crise do COVID-19.

Fontes do grupo hostaleiro recoñecen a Europa Press que se prescindiu de “algúns postos de traballo” pero “nun número moi inferior” ao indicado pola central nacionalista, á que acusan de “ter unha fixación” coa empresa. Así, sinalan que os traballadores dos que se prescindiu son aqueles que “se viron máis afectados” polas cancelacións e que “todos os contratos extinguidos eran eventuais ou a tempo parcial”.

“Ningún dos traballadores tiñan ningunha vinculación con organizacións sindicais no momento de extinción”, engaden fontes da dirección de Hotusa interpeladas por Europa Press. “Esta decisión foi motivada única e exclusivamente coa finalidade de asegurar, ante a situación actual, os restantes postos de traballo do departamento afectado. Neste sentido, o proceso de propagación do virus e as consecuencias a el asociadas, en canto á evolución das reservas, marcará a necesidade de adoptar ou non, outras medidas”, engaden.

DENUNCIA DA CIG

Para a CIG, Hotusa emprega a crise do COVID-19 como “unha escusa” que “aproveita” para “aplicar despedimentos moi seletivos, xa que afectan a persoas, que a empresa vincula coa CIG”. “Hotusa pretende dar un paso máis nas súas prácticas represivas revestindo de obxectividade uns despedimentos que claramente teñen a finalidade de desfacerse dos traballadores que lle resultan máis molestos, e dar un escarmento ao resto de compañeiros”, remarca a central nacionalista nun comunicado.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...