HomesociedadeMonforte concéntrase pola Muller

Monforte concéntrase pola Muller

O Concello de Monforte súmase ós actos do 8 de marzo “Día internacional da Muller” cunha Concentración e lectura dun Manifesto.

Publicado o

- Advertisement -

A Concentración oficial de Monforte polo “Día internacional da Muller” levouse a cabo diante das Casitas (explanada da Compañía). Neste acto, tivo lugar a lectura do Manifesto, que este ano levou por título “Eu son da xeración igualdade: Polos dereitos das mulleres”.

O acto estivo presidido polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca, e á lectura do Manifesto correu a cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. Tamén estiveron presentes diversos membros da Corporación Municipal, así como as responsables do Centro de Información á Muller. Á concentración sumáronse centos de monfortinos e monfortinas para reivindicar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. En verbas da Concelleira “as mulleres non queremos nin máis, nin menos dereitos, senón os mesmos para conseguir dunha vez por todas unha sociedade igualitaria e democrática. Queremos unha sociedade paritaria e participativa, na que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde por dereito”.

Día da Muller / Concello de Monforte

O vindeiro acto en relación as actividades do 8M terá lugar mañá luns, día 9, e consistirá no Visionado e entrega do conto “Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo”. Continuando co proxecto de colaboración que a Concellería de Muller e Igualdade a través do CIM mantén co colectivo “Lemosle de Monforte e Comarca” realizarase a presentación deste conto dixital  no salón de actos do Centro Cívico e farase entrega dos exemplares en papel do citado  conto. Asistirán os Centros de Ensino de Monforte e comarca, así como as Bibliotecas Municipais e escolares da zona en distintas sesións, dende as 11:30 h. ata as 13:30 h.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...