HomesociedadeSober acollerá un obradoiro de Innovación Rural e Design Thinking

Sober acollerá un obradoiro de Innovación Rural e Design Thinking

A Rede de cidades e territorios creativos de España xunto coa Universidade de Alcalá e España Creativa impulsan a primeira titulación de postgrao "inmersiva e experiencial", que terá como unha das localizacións Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

A Rede de cidades e territorios creativos de España xunto coa Universidade de Alcalá e España Creaitva impulsan a primeira titulación de postgrao “inmersiva e experiencial”. Esta formación pioneira e innovadora, polo seu carácter inmersivo e experiencial en Economía Creativa como estratexia de Desenvolvemento Territorial Sostible, ten por nome “Especialización en Cidades e Territorios Creativos: Dirección, Innovación e Redes”.  Unha Titulación de 30 ECTS, que se cursará durante 3 meses por proxectos a desenvolver en Talleres que terán lugar en territorios asociados á Rede de Cidades e Territorios Creativos de España, entre eles Ribeira Sacra.

Así en Sober terá lugar o obradoiro “Innovación Rural e Design Thinking”, o 3 e 4 de xullo. A formación complétase con áreas temáticas como o deseño e desenvolvemento de Plans Estratéxicos para a transformación a través da creatividade e a innovación; o deseño de novos indicadores cuantitativos e sobre todo cualitativos que permitan reposicionar cidades e territorios, potenciando non só o mundo urbano senón tamén o mundo rural, con novas e mellores oportunidades de negocio a través das industrias creativas e a innovación.

A titulación está orientada tanto a estudantes recentemente titulados, como a profesionais interesados e vinculados ao estudo, deseño e desenvolvemento de rexións, territorios, cidades, comunidades, proxectos urbanísticos e os seus compoñentes. De interese para Profesionais como empresarios, directores e xerentes de empresas; consultores; líderes de iniciativas en proxectos urbanísticos: arquitectos, enxeñeiros, deseñadores, economistas, sociólogos,…, e en proxectos relacionados con cidades creativas, cidades sostibles e cidades intelixentes, turismo creativo e sostible, branding city, design thinking, enerxías renovables, innovación social, rexeneración urbana, goberno intelixente, administración aberta,…; funcionarios e empregados públicos que necesiten intervir implementando políticas, plans e accións para o desenvolvemento urbano e territorial, ou que desexen especializarse nestas materias; asesores de entidades gobernamentais e non gobernamentais con participación activa en políticas públicas,…

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...