HomesociedadeSober e Quiroga levan produtos básicos aos domicilios

Sober e Quiroga levan produtos básicos aos domicilios

Publicado o

- Advertisement -

Desde hoxe luns o Concello de Sober a través do persoal de Protección Civil ofrece un servizo gratuíto para levar comida a domicilio, a compra de supermercados de Sober, medicamentos ou outras necesidades básicas imprescindibles. Esta mesma mañá fixéronse 4 servizos a Vilaescura, Sistín do Mato, Arxemil e Ferroños.

O Goberno local pon en marcha este servizo con carácter inmediato para axudar aos veciños e veciñas que o necesiten e non teñan medios de desprazamento para que poidan así permanecer nas súas casas e lograr conter o coronavirus. O servizo debe solicitarse previo contacto co Concello de Sober ou cos Servizos Sociais municipais a través dos números de teléfono 982460001 e 982460513.

O Goberno local recórdalle aos veciños e veciñas que é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior.

Quiroga proporcionará alimentos e medicamentos a maiores

Ante as medidas de restrición de moverse pola rúa, o Concello de Quiroga pon en marcha un servizo de axuda a domicilio para as persoas da terceira idade que non dispoñan doutra axuda. Mediante este servizo persoal municipal levaralles a persoas maiores ou con incapacidade ata o seu domicilio alimentos de primeira necesidade ou medicamentos.

As persoas que precisen deste servizo deberán de chamar ao teléfono da Policía Local 649.81.90.52 ou aos teléfonos do Grupo de Emerxencias 982.42.83.55636.69.35.00. O Concello recórdalle aos veciños que é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...