HomesociedadeEfectivos da UME desinfectan residencias en Monforte

Efectivos da UME desinfectan residencias en Monforte

Efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) desenvolveron este martes, 24 de marzo, tarefas de desinfección en residencias, prazas e edificios públicos no municipio de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

No marco da Operación Balmis do Ministerio de Defensa íanse realizar limpezas, nun principio, na contorna do hospital comarcal e o centro de día de Geriatros, na Rúa do Morín. Pero segundo informan desde o Concello de Monforte, tras as xestións do alcalde, José Tomé Roca, coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, esa limpeza contra o coronavirus ampliouse a outros espazos.

UME Monforte / Concello de Monforte

Entre outros lugares, os militares actuaron en: residencia da terceira idade no paseo do Malecón; residencia Asimédica; Fogar de San José; así como na Praze do Campo de San Antonio e edificio da casa consistorial.

UME / Concello de Monforte

LIMPEZAS EN MUNICIPIOS

Mentres, multitude de municipios galegos traballan en accións de limpeza para combater o coronavirus. Por exemplo, en Ferrol (A Coruña) reorganizouse ao persoal de Urbaser para reforzar a hixienización diaria de rúas e contedores, á vez que se preserva a seguridade dos empregados. Varios operarios realizan tarefas de baldeo e lavado de vías en accesos a supermercados, farmacias e centros sanitarios. En Bergondo (A Coruña), os traballadores de Protección Civil desinfectarán periodicamente os edificios e espazos públicos nas zonas onde haxa locais aos que poden acceder veciños durante o estado de alarma como centros de saúde, bancos, marquesiñas e supermercados. En Verín (Ourense) operarios municipais desinfectan rúas, nun dispositivo cunha empresa de control de pragas que acode periódicamenete con mochilas pulverizadoras a edificios municipais, residencias de maiores e o hospital. Pola súa banda, en Arbo (Pontevedra), o Concello fai traballos de desinfección en rúas do casco urbanos e de maior afluencia en parroquia coa colaboracións das adegas As Laxas e Marqués de Vizhoja, que puxeron a disposición maquinaria e persoal necesario.

UME Monforte / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...