HomeEconomía15 días na casa os traballadores de actividades non esenciais

15 días na casa os traballadores de actividades non esenciais

Todos os traballadores de actividades non esenciais deberán quedar na casa, sen desprazarse aos seus centros de traballo, desde este luns, 30 de marzo e ata o próximo 9 de abril, ambos incluídos, segundo aprobará mañá un Consello de Ministros extraordinario.

Publicado o

- Advertisement -

Os medios de comunicación non se verán afectados pola decisión do Goberno de limitar os movementos dos traballadores non esenciais, que o Goberno aprobará este domingo 29 de marzo nun Consello de Ministros extraordinario, porque son “sen ningunha dúbida un servizo esencial”.

Así o aclarou o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia deste sábado para anunciar que todos os traballadores de actividades non esenciais deberán quedar na casa as próximas dúas semanas e percibirán un permiso retribuído recuperable

Mentres os autónomos galegos opóñense ás decisións tomadas polo Goberno en relación coa súa situación. Denuncian que os criterios para solicitar a axuda para autónomos que vexan reducida un 75% a súa facturación, non se axusta ás circunstancias. Piden a suspensión da cota de autónomos “mentres duren as medidas” do estado de alarma. A información completa no Galicia Confidencial. A información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...