HomeComarca de SarriaOs tres colombianos explotados nunha granxa de porcos en Sarria obteñen a...

Os tres colombianos explotados nunha granxa de porcos en Sarria obteñen a residencia

Declararán en sede xudicial o próximo día 16 de xullo ante a existencia dun "posible delito de trata de seres humanos"

Publicado o

- Advertisement -

Os tres homes de nacionalidade colombiana supostamente explotados laboralmente e presuntas vítimas dun delito de trata de seres humanos nunha granxa de porcos en Sarria (Lugo), conseguiron o permiso de residencia en España.

Así o constata o avogado de dous destes homes, Jhon Henry Hincapié e do seu fillastro, Ángel Vellé, á vez que lembrou que “a eles se lles deu un prazo que se chama de recapacitación, é dicir, para decidir se o que queren é continuar no país e seguir prestando colaboración en canto a este posible delito de trata de seres humanos”. “Eles decidiron que si, que van continuar en España e obtiveron o permiso de residencia”, precisa.

En marzo deste ano formulábase a denuncia ante a Brigada de Estranxeiría de Lugo, logo de ser captados no seu país, segundo a Policía Nacional, baixo “engano” por unha empresaria lucense que ten unha explotación porcina con máis de mil porcos en Sarria que foi arrestada no seu día e agora está en liberdade con cargos.

Granxa de porcos de Sarria onde foron explotados supostamente tres colombianos / EP

Os tres colombianos atopábanse nunha situación irregular, e até agora estiveran acollidos a un estado “legal de protección, como posibles vítimas de trata de seres humanos”. Agora xa dispoñen do permiso de residencia en España.

CITADOS A DECLARAR O 16 DE XULLO

O avogado tamén confirmou que foron citados “no xulgado (en Sarria) o próximo 16 (de xullo) para prestar declaración en sede xudicial”. “O procedemento segue o seu curso natural e explicarán toda a situación vivida e que relación tiveron con esta señora (a empresaria)”, advirte Vellé.

En canto á suposta explotadora, o letrado corroborou que “en ningún momento houbo ningún tipo de comunicación”, nin sequera para pedir “perdón”. O tres homes viviron en condicións “miserables”, segundo apuntou Vellé, entre ratas e desperdicios, sen auga quente, e durmían nun catre que era unha espuma con ferros na cociña. Traballaban entre 11 e 12 horas cun só día de descanso. Ademais, soportaban reiterados insultos e pagábaselles 600 euros cando se comprometeron mil euros ao mes.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....