HomeTerra de LemossanidadeTerceiro falecido por coronavirus no Hospital Comarcal de Monforte

Terceiro falecido por coronavirus no Hospital Comarcal de Monforte

Na pasada xornada producíronse numerosas altas de pacientes hospitalizados por Covid19, o Hospital Comarcal de Monforte deu 9 altas.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado día 2 de abril coñecíase que o Covid19 deixaba unha nova vítima na zona sur de Lugo. O falecido foi un home de máis de 90 anos do concello de Taboada que estaba hospitalizado por complicacións previas. Era a segunda morte, despois do falecemento, a semana anterior dun veciño de Chantada de 89 anos. Nesta ocasión, o terceiro falecido neste centro hospitalario é un home de 78 anos.

Os datos de casos activos na provincia mantéñense en 563, 15 na UCI, un máis ca onte (4 deles na UCI do Hospital Público da Mariña, o reto na do HULA). Dos pacientes confimados, 65 en hospitalización, 15 menos ca onte, día no que se produciron moitas altas, (18 deles no Hospital Público da Mariña, 9 no Hospital Público de Monforte, 8 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). 483 casos activos para o confinamento en domicilio (16 máis ca no día de onte, no que había 467). Na provincia lévanse producido 16 falecementos por Covi19 e 57 altas (16 máis ca onte).

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...