HomeOpiniónDiario de corentena: A ameaza dos visitantes na Semana Santa

Diario de corentena: A ameaza dos visitantes na Semana Santa

Acordádesvos da serie V ? Unha serie de comezos dos 80 na que o Planeta Terra era invadido por uns extraterrestres que tras a súa apariencia humana eran "lagartos", V Los visitantes. Esta Semana Santa cada vez que vín ou publicamos nos medios todas as medidas que se tomaban para evitar aos visitantes, lembrábame daqueles lagartos que nos querían invadir. E as gominolas que comemos.

Publicado o

- Advertisement -

Unha das cousas que tivo de positivas o Covid19, que algunha ten, é que a gran maioría dos cidadáns dos diferentes países do mundo se uniron e asumiron a súa responsabilidade nesta situación de carácter mundial; independientemente da eficacia dos seus dirixentes. Iso dá moito poder á responsabilidade individual para conseguir un ben global, axuda humanitaria. Repítome con este tema, son os días que pasan; e a importancia do concepto, que diría Manquiña.

Nas estruturas establecidas, o Covid19 evidenciou fallos importantes a todos os niveis; pero no comportamento xeral da cidadanía amosouse, e estase amosando, máis responsabilidade ca nunca. Nunha circunstancia como esta, creo que iso debería motivarnos, a lo menos é o que me digo. A maquinaria humana que houbo que mover para que en España se comece a ver a luz ao final do túnel está formada por cada cidadán; o mesmo que acontece nos outros países e na solidariedade internacional entre cidadáns. Todos somos pezas fundamentais; non se cansan de repetilo, porque é así. Silvia no seu diario de corentena desde Lugo Xornal falaba do dereito a soñar libremente; pois iso.

As pelis tamén se fan con actores de reparto e figurantes

Que as complexas estruturas que nos rixen se adapten a esta crise sen cometer erros non se antoxa fácil, pero que cada un de nós non sexamos capaces de “facelo ben”; é algo que inqueda,.. despois de non sei cantos días de confinamento. Aquí volvo aos Visitantes de V (os da Semana Santa e fins de semana) ou aos mozos que detiveron por xestionar grupos de whatsapp que preparaban quedadas para agredir ás forzas de seguridade durante esta crise.

A realidade supera á ficción e por riba nesta realidade tocounos convivir con Trump, entre moitas outras súperestrelas internacionais. Unha das últimas barbaridades que escoitei deste home (…e aparece a fase conspiranoia), foi que pretendera mercar a exclusividade da vacina do Covid19 para EEUU. Hai pezas ben fastidiadas nesta maquinaria; hai superestrelas e actores protagonistas que non merecen o que son, pero as pelis tamén se fan con actores de reparto e figurantes. Confírmano informacións como a deste enlace no Xornal de Lemos. Non sería unha superprodución de Hollywood, sería unha boa peli. E a menos cartos, móvese menos o Covid19.

Bosque

ÚLTIMAS

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de...