HomeCulturaO Esmorga Fest celebrarase o 13 e 14 de novembro

O Esmorga Fest celebrarase o 13 e 14 de novembro

Publicado o

- Advertisement -

A VI edición do Esmorga Fest pospón a súa celebración para os días 13 e 14 de novembro, por mor da crise sanitaria do Covid19. A organización anuncia que nos próximos días darán a coñecer o cartel definitivo e agradecen o apoio recibido, aseguran que seguirán “loitando por promover a cultura, agora más ca nunca.”

Para as persoas que teñan comprado entrada e non poden acudir na nova data fixada, ábrese prazo de devolución de entradas do 10 ao 20 de abril. Haberá que escribir un correo á dirección entradas@esmorgafest.com indicando nome e apelidos, número de entradas e o número do pedido, que se enviou coas entradas. Nun prazo máximo de 10 días reembolsaránselle os gastos. As entradas adquiridas nos puntos de venta físicos devolveranse en canto a situación actual se estabilice, tal e como informan desde a organización.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...