HomesociedadeProblemas para ir ás viñas na Ribeira Sacra se o viticultor "non...

Problemas para ir ás viñas na Ribeira Sacra se o viticultor “non está en regra”

Para traballar nas viñas débese contar co carné de viticultor profesional ou acreditar que se é propietario ou traballador da viña.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, afirma que “unha minoría” de persoas que non teñen “os papeis en regra” atopáronse con algún problema para acceder ás viñas durante o estado de alarma, algo que non sucede no caso dos viticultores profesionais ou dos propietarios acreditados dos cultivos.

Sucede, segundo Rodríguez, que algunhas persoas “aínda teñen as viñas a nome dos seus pais ou de terceiras persoas”, de modo que non figuran como propietarios. “O garda en cuestión” non ten “coñecemento” da realidade de cada un, precisou, e “o pasado domingo a algunhas persoas paráronas e mandáronas de volta para as súas casas”, porque “tiñan os papeis como cadraba”.

En todo caso, asegura que se trata de casos puntuais, porque a maioría dos viticultores non tiveron ningún tipo de impedimento para traballar nas súas viñas. “Basta con ter o carné de viticultor profesional ou acreditar que es propietario ou traballador da viñas”, dixo Rodríguez.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...