HomesociedadeO temporal castiga a Monforte

O temporal castiga a Monforte

Na rúa San Pedro de Monforte comunicouse a caída do tellado do IES Río cabe e tamén se viu afectada a estación de autobuses. Caeron árbores en varios puntos como o Parque dos Condes e incluso farolas do paseo a Piñeira.

Publicado o

- Advertisement -

O paso dunha fronte con ventos de máis de 100 quilómetros por hora esta tarde de luns por Galicia deixou un total de 166 incidencias ata as 18,00 horas, con caídas de tellados e árbores, principalmente. As provincias de Lugo (105 incidentes) e Ourense (43) foron as máis afectadas polo impacto do temporal, seguidas da Coruña (10) e Ourense (8), segundo informa o 112 Galicia.

O temporal que provocou máis de 150 raios e unha brusca baixada de temperaturas, tamén mobilizou aos servizos de emerxencia en Monforte de Lemos. Neste caso, case á mesma hora, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia da caída do tellado dun instituto no mesmo recinto do inmoble, situado na Rúa de San Pedro. Ademais, outro particular indicaba que o vento levara por diante parte da estación de autobuses. A información completa no Galicia Confidencial.

Caída árbore Parque dos Condes / Pau Cadórniga

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...