HomeDeportesTaboada e Bóveda, as elexidas pola Deputación de Lugo para investimentos deportivos

Taboada e Bóveda, as elexidas pola Deputación de Lugo para investimentos deportivos

Publicado o

- Advertisement -

O presuposto total que vai investir a Deputación de Lugo en instalacións deportivas no sur lucense ascende a 341.000 euros, dos cales 335.000 son para a construción dun novo campo de fútbol en Taboada e os restantes 6.000 para a compra dun novo cortacéspede para o Club de Fútbol de Bóveda Hermanos Somoza.

En canto a Taboada, tras a construción deste novo campo de fútbol, o concello contará con dúas instalacións desta índole. A nova instalación deportiva terá céspede artificial e estará a carón do xa existente. Por outra banda, tamén se mellorará o estado actual da herba do antigo campo, instalando un sistema de rego. Este feito dase polas constantes reivindicacións tanto de usuarios como dos propios clubes.

Por outra banda, o Clube de Fútbol de Bóveda vai recibir un novo cortacéspede polo que se lle aforrará á entidade local uns 180 euros mensuais dos seus presupostos.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera, informou do investimento por parte do goberno provincial nas zonas rurais de Lugo para a mellora de instalacións deportivas no rural. Ademais tamén anuncio que se van a investir 16.000 euros na organización da 1ª Copa Deputación de Fútbol Sala, que reunirá 300 xogadores de 29 equipos. Deste xeito, preténdese darlle visibilidade ós equipos lucenses a través dunha competición dinámica e atractiva no que existe un marcado carácter feminino pois conta con 120 mulleres de 10 equipos.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...