HomeEconomíaA Xunta autoriza 194 ERTES en Sarria

A Xunta autoriza 194 ERTES en Sarria

A Xunta autorizou 194 expedientes de regulación temporal de emprego (ERTES), isto é o 96% dos solicitados, que afectaron a  593 persoas traballadoras en diversos ámbitos.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo un encontro por videoconferencia con representantes do empresariado de Sarria para trasladarlles o compromiso do Goberno galego coa reactivación do tecido produtivo, con medidas como as liñas de apoio para inxectar liquidez inmediata a autónomos e pemes ou a elaboración de material informativo con recomendacións preventivas fronte ao coronavirus para contribuír a resolver dúbidas sobre como retomar a actividade. O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) elaborou guías con medidas preventivas específicas para distintos sectores de actividade, entre eles o comercio e as perruquerías.

Anticipo ERTES

A Xunta autorizou 194 expedientes de regulación temporal de emprego (ERTES), isto é o 96% dos solicitados, que afectaron a 593 persoas traballadoras en diversos ámbitos, na maior parte dos casos, empresas obrigadas ao cese temporal de actividade ou que viron reducido dun xeito significativo a súa facturación.

Neste senso cómpre lembrar que a Xunta activou unha liña para anticipar as prestacións por desemprego das persoas afectadas polos ERTES naqueles casos nos que o Goberno central aínda non fixo efectivos os pagos. A través dun convenio con diversas entidades bancarias poderase acceder a un anticipo de 1.500 euros nun período de dous meses.

Desde a Xunta continúan activas as liñas específicas de préstamos a tipo de interese cero para facilitar a liquidez das empresas, comercios e autónomos e trabállase nun plan específico para o comercio, que servirá para apoiar os esforzos que os distintos establecementos realicen en materia de dixitalización e venda a distancia, para a compra de material de protección homologado e tamén para apoiar as obras de adecuación dos locais ás novas esixencias como, por exemplo, a colocación de mamparas.

Por último, o delegado apuntou que dentro das accións do Plan de reactivación económica a Xunta vén de poñer en marcha Autónomos dixitais, un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...