HomesociedadeEn marcha a tramitación de axudas do Plan Reactiva Monforte

En marcha a tramitación de axudas do Plan Reactiva Monforte

O prazo para tramitar este tipo de axudas será de 30 días naturais, desde este xoves, día 14 de maio e ata o 12 de xuño de 2020, ambos incluídos. E o concello de Monforte reabre a biblioteca municipal.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde anunciaba o pasado venres, 8 de maio, o Plan Reactiva Monforte, “una liña de axudas dotada de 1,4 millóns de euros provintes do actual orzamento municipal, para actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da crise económica e social provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Monforte de Lemos, a través de axudas a pequenas empresas, autónomos e traballadores por conta allea ou contratados temporalmente”.

Os modelos de solicitude normalizados, así como as bases, nas que se recollen os requisitos necesarios para poder optar a tipo axudas, así como a documentación que é necesario presentar, están xa dispoñible na web municipal do Concello de Monforte, no seguinte enderezo directo: http://www.monfortedelemos.es/gl/subvencions-gl.

 Contía das axudas

  • Concederase unha contía fixa de 1.000 euros, ás pequenas empresas (autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia), que sexan titulares de establecementos abertos ó público antes do 14 de marzo, cando a actividade que viñesen desenvolvendo se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no R.D. 465/2020 de 17 de marzo.
  • Concederase unha contía fixa de 200 euros ós traballadores autónomos que sen estar afectados polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, se viran obrigados a cesar na súa actividade con posterioridade ao 15 de marzo de 2020 e por circunstancias relacionadas co Covid-19, sempre que tiveran solicitado e concedido a prestación por cese de actividade.
  • Concederase unha contía fixa de 200 euros ós traballadores por conta allea que se tiveran visto afectados por un expediente de regulación de emprego en calquera das súas modalidades, sempre que non se tivese chegado a acordo co empregador para completar o 100 % da base reguladora.
  • Outorgarase unha contía fixa de 200 euros ós traballadores por conta allea que tiveran sido obxecto de despido por parte do seu empregador por causas técnicas, organizativas ou da produción, excepcionándose os despidos disciplinarios, con posterioridade ao 15 de marzo de 2020.
  • Concederase unha axuda de 200 euros ós traballadores contratados temporalmente cuxo contrato finalizase con posterioridade ó 15 de marzo de 2020, e non fose renovado pola falla de actividade da empresa debido a circunstancias relacionadas co Covid-19.

Reapertura da Biblioteca Municipal de Monforte

O Alcalde de Monforte veu de decretar a reapertura da Biblioteca Municipal do Concello, en concreto, para as actividades de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, para o que será necesario establecer cita previa chamando ó teléfono da Biblioteca  (982 404 404), así como para información bibliográfica e bibliotecaria. O horario provisional de apertura é de 9:00 a 14.00 horas.

Da mesma maneira, na Biblioteca Municipal non se poderán levar a cabo actividades culturais, actividades de estudo ou lectura en sala, de préstamo interbibliotecario, así como calquera outro servizo destinado ó público distinto dos mencionados no parágrafo anterior. Así mesmo, non se poderá facer uso dos ordenadores e medios informáticos da Biblioteca destinados para o uso público dos cidadáns, así como de catálogos de acceso público en liña ou catálogos en fichas da biblioteca.

As obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da Biblioteca Municipal. Unha vez consultadas, depositaranse nun lugar apartado e separadas entre si durante polo menos catorce días. As coleccións de libre acceso permanecerán pechadas ao público.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...