HomePolíticaAproveitar o estado de alarma para privatizar servizos?

Aproveitar o estado de alarma para privatizar servizos?

Os populares de Sarria expoñen á presidenta que o alcalde nada fixo, a pesares de que o PP presentou hai máis dun mes unha proposta con 30 medidas para axudar a veciños, pemes e autonómos e así paliar os efectos da Covid-19.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP de Sarria, que dirixe José Antonio García, e a presidenta provincial, Elena Candia, analizaron este domingo a situación política do municipio nunha reunión de traballo telemática. Os populares locais expuxeron a Candia “a escasa vontade política do alcalde”. “Por non facer, nin tan sequera repartiu máscaras”, advertiu García; de aí que este Grupo Municipal solicitase un pleno extraordinario para pedir explicacións ao  goberno local de tal inacción.

Lembran os populares que teñen presentado ao concello unha proposta con 30 medidas para axudar a veciños, pemes e autonómos a paliar os efectos da Covid-19, pero non foi tida en conta. Pola contra, o rexedor “aproveitou o estado de alarma para avanzar en contratos de privatización do servizo eléctrico e operacións inmobiliarias contrarias á economía local. Trátase dun megacontrato a favor dunha empresa por valor de preto de 14 millóns e que van pagar os veciños de Sarria ata o 2040”.

Os populares abordaron tamén a situación do expediente que permitirá a execución da primeira fase para o desdobramento do corredor; “Convertelo en autovía será un antes e un despois na vertebración do municipio e da comarca”, apuntou tamén Elena Candia.

ÚLTIMAS

Nevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

A Deputación de Lugo vén de informar que mantén cortadas este martes 3 de...

Tabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo de Ósos que pregoa Mercedes Vázquez de Televinte

O día central da celebración será o domingo día 15, coa degustación popular desta...

O 4 de febreiro actívase a reserva de prazas das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra que comezan o 19 de marzo

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a...

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría,...