HomeDeportesMonforte abre as pistas de atletismo o 25 de maio

Monforte abre as pistas de atletismo o 25 de maio

As instalacións abrirán de luns a venres, en horario de mañá e de tarde e será necesario pedir cita previa.

Publicado o

- Advertisement -

As Pistas Municipais de Atletismo “Saleta Fernández López” abrirán a partir do luns 25 de maio para que calquera cidadán que o desexe poida acceder a realizar a práctica deportiva.

Para elo, dende o Equipo de Goberno do Concello ponse en marcha un protocolo de uso, recollido nun decreto asinado polo Alcalde, tendo en conta as prescricións dadas no Orde SND/399/2020, de 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do plan para a transición cara unha nova normalidade.

Ademais de cumprir coa normativa vixente, o obxectivo do protocolo de uso deseñado é que a xente poida acceder á instalación deportiva coa maior seguridade posible, por iso ó longo desta  semana xa se estiveron levando a cabo traballos de desinfección das dependencias.

O protocolo establecido inclúe a obrigatoriedade de concertar cita previa co Concello de Monforte. Para elo, habilitarase unha plataforma de reservas online á que se poderá acceder a través da paxina web do Concello na sección de “deportes/instalacións” ou ben a través do seguinte enderezo: https://www.sporttia.com/?g=551238

Tamén se poderá descargar a App “SPORTTIA” para dispositivos móbiles.

As persoas interesadas en concertar cita para usar a instalación so terán que rexistrarse na aplicación e reservar hora na franxa horaria que máis lles interese. Esta reserva poderá realizarse ata 8 horas antes do uso. As persoas menores de 14 anos interesadas en usar a instalación non poderán facer a reserva online, esta terá que ser feita polo seu/súa pai/nai ou titor/a.

A instalación abrirá de luns a venres non festivos e establécense as seguintes franxas horarias de uso:

  • Horario de mañá:
  • De 9:00 a 10:00 h. (acceso entre as 8:45 e as 9:45 h.)
  • De 10:15 a 11:15 h. (acceso entre as 10:00 e as 10:15 h.)
  • Horario de tarde:
  • De 19:00 a 20:00 h. (acceso entre as 18:45 e as 19:15 h.)
  • De 20:15 a 21:15 h. (acceso entre as 20:00 e as 20:15 h.)

Establecese un aforo máximo de 20 persoas por quenda.

Só se permitirá a práctica deportiva individual ou aquelas prácticas que se poidan desenvolver por un máximo de dúas persoas, no caso de modalidades así practicadas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros.

Non esta permitida a utilización de baños nin vestiarios. Os deportistas deberán acceder coa roupa deportiva da casa. O acceso a instalación estará controlado por persoal municipal.

Para calquera consulta relacionada con este protocolo de uso poderase contactar coa oficina municipal de deportes nos teléfonos 982875430 – 661839509 ou no correo electrónico deportes@concellodemonforte.com.

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...