HomesociedadeComeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

O Concello de Taboada vén de comezar a primeira fase das obras de urbanización do Campo da Feira, logo de conseguir adquirir os terreos e inmobles necesarios para a recuperación de toda esta zona de grande importancia urbanística e patrimonial para a vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da Rúa Real, para eliminar este tapón urbanístico e abrir un espazo verde e de conexión visual entre o Campo da Feira e a Alameda.

Tamén se traballa na remodelación do Campo da Feira, detrás da casa consistorial. Levantouse parte do asfalto existente e habilítanse prazas de aparcamento para organizar o tráfico rodado e farase unha praza con pedra e formigón impreso, ademais de ampliar a zona arborada.

Na seguinte fase abrirase unha rúa peonil entre a Alameda e o Campo da Feira e contruirase unha cuberta adosada ao inmoble adquirido polo Concello coñecido como ‘Matadoiro do Touza’, que permita un uso polivalente.

O Campo da Feira, que contou con numerosos pendellos ata a década de 1980, garda unha grande importancia simbólica e patrimonial para Taboada por ser o lugar onde se desenvolvían as feiras. Na actualidade, pese a súa degradación, constitúe o lugar de zonas verdes máis importante da vila e por iso desde a tenencia de alcaldía procúrase a súa recuperación, tanto a nivel urbanístico, como celebrando de modo habitual actividades neste espazo.

As obras foron financiadas a través dun convenio asinado entre o Concello e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada, Iria Castro, comprobou o desenvolvemento dos traballos xunto co tenente de alcalde, José Portela, que agarda que “en poucos meses poidamos ver de forma satisfactoria o resultado de moitos meses de traballo, que implicaron a sinatura do convenio, a adquisición por vía de compra dos inmobles e terreos necesarios, e a elaboración e posta en marcha dun proxecto que procura a máxima calidade de equipamentos e materiais”.

1ª fase urbanización campo da feira / Concello de Taboada

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...