HomesociedadeEspectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

Haberá espectáculos de maxia, contacontos teatralizados, música, baile, talleres e propostas para o público infantil. As actividades desenvolveranse dende o 2 de outubro en distintos espazos do centro comercial.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo e variado programa de actividades para este mes de outubro no seu 25 aniversario. Hainas para todos os gustos e especialmente pensadas para os máis pequenos da casa.

A maxia terá unha cita fixa todos os sábados de outubro ás 19.00 horas no segundo andar. Dani Polo, Mago Albert, O Mago Paco, José Rivera e Pablo Estévez protagonizarán os cinco espectáculos programados.

Os máis pequenos poderán desfrutar de dous contacontos infantís teatralizados, ambos ás 18.00 horas no segundo andar: o sábado 17, Bea Iglesias presentará Eu quero voar; e o venres 23, Inma Soto contará Xela, aventura na fraga. As sesións están dirixidas a nenos e nenas a partir de 3 anos. O sábado 24, de 17.00 a 20.00 horas, Ponte Vella acollerá unha festa infantil con bailes, mascotas, pasacalles, globoflexia, fotomatón, karaoke e unha yincana de xogos populares.

A programación de fin de mes incluirá tamén o Samaín, o sábado 31, cun photocall de levitación e pintacaras de 16.30 a 20.30 horas.

OUTRAS ACTIVIDADES

Música e poesía: este venres 2 de outubro ás 12.00 horas, no segundo andar e co Círculo Poético Ourensán. Enmárcase este evento no XVI Encontro Internacional de Poesía «Víctor Campio».

Exhibicións de baile: o venres 9, nas terrazas de restauración e a cargo da escola Estilo Libre. Os grupos infantís actuarán ás 18.00 horas e os de adultos, ás 19.15 horas.

Concentración de coches deportivos de alta gama: o sábado 10, de 10.00 a 12.00 horas nas terrazas.

Clases de debuxo e pintura con Leandro Sánchez: do 16 de outubro ao 14 de novembro, os venres de 19.00 a 20.00 horas e os sábados de 11.00 a 12.00 horas. Non haberá clases o 23 nin o 24 de outubro. O material está incluído e é necesaria a inscrición a través de páxina web: www.pontevella.com.

Mantéñense tamén este mes os talleres infantís: os xoves, venres e sábados de 17.30 a 20.30 horas. E contarán coa visita de Ponti os sábados de 18.00 a 20.00 horas. A zona gaming, situada na planta baixa, abrirá os venres e sábados de 18.00 a 21.00 horas.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...