HomesociedadeQue abre en Quiroga coa fase 2?

Que abre en Quiroga coa fase 2?

A práctica totalidade dos servizos municipais do Concello de Quiroga entraron en funcionamento esta mañá, coincidindo co inicio da fase 2 da desescalada. O Concello tamén autorizou a celebración das feiras e mercados, polo que o día 27 celebrarase feira.

Publicado o

- Advertisement -

Todos os departamentos da casa consistorial atenden ao público tras solicitar cita telefónica ou por correo electrónico e incluso a aquelas persoas que se acheguen ata o edificio se atenderán pola parte traseira, sen necesidade de que entren no edificio.

Unido coas oficinas municipais tamén atenderán con cita previa a través do tfno 982.42.83.97 as Oficinas de Vivenda, situadas no antigo cárcere para seguir coa tramitación das axudas que están en marcha:  unha nova convocatoria para as Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana na vila de Quiroga e Pacios de Mondelo e axudas municipais para a rehabilitación de fachadas.

Tamén os distintos servizos da Casa da Cultura comezaron a súa volta á normalidade. Así, prestan servizo xa coa porta aberta a Biblioteca Pública Municipal para préstamo de libros e consulta en sala, atendendo sobre todo ao aforo das instalacións. Tamén está aberta a Oficina de Turismo Municipal prestando labor de asesoramento para a busca de todos os recursos dispoñibles na rede ao non poder repartir información impresa. A Sala de Exposicións está aberta e disposta para acoller contidos.

Museo etnográfico de Quiroga. Foto: Concello de Quiroga

En relación á situación dos Museos Municipais de Quiroga, o Museo Etnográfico está aberto no seu horario de sempre e aténdense solicitude de visitas guiadas para grupos no número permitido na fase 2 de desescalada. O Museo Xeolóxico permanece pechado por estar traballándose nas súas obras de ampliación.

A Aula CEMIT está pendente de que se asine un convenio para reservar postos para estudantes universitarios que precisen dun equipo informático para facer os seus exames. Os termos deste convenio e servizo, anunciaranse cando estea ultimado.

O Centro Social da Terceira Idade abrirá as súas portas ao público mañá martes no seu servizo de cafetería e oficina, en horario de dez a dúas pola mañá e de tarde dende as tres ata as oito. A cafetería abrirá co límite de aforo marcado polo Goberno nesta fase de desescalada e coas demais restricións aparelladas a este tipo de centros. Non se retomarán no Centro Social as clases semanais tanto de ximnasia de mantemento como de manualidades, posto que estas actividades xa tiñan previsto rematar neste mes de maio. En canto ao ximnasio, os socios que queiran utilizalo deberán de solicitalo previamente, para que o centro poida marcar uns horarios.

Feiras, mercados e deportes

O Concello de Quiroga tamén autorizou a celebración das feiras e mercados tradicionais despois de que se lle permita aos concellos decidir a súa apertura. Polo tanto, este mércores, día 27, dous días despois de entrar na fase 2 do estado de alarma, xa se pode celebrar a feira en Quiroga. Respectarase a distancia de dous  metros entre persoas e evitarase a manipulación de produtos por parte dos posibles clientes.

As piscinas municipais abriranse ao público na súa data habitual de finais do mes de xuño. O Pavillón municipal e campo de fútbol non se abrirán ao público ata que se permita a realización de deporte colectivo.

Dende o Concello de Quiroga apelan unha vez máis á  responsabilidade da veciñanza para  cumprir a normativa marcada nesta nova fase de desescalada.

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...