HomesociedadeA reforma da rúa Diego Pazos enfronta ao concello de Sarria e...

A reforma da rúa Diego Pazos enfronta ao concello de Sarria e a Xunta

A área de Infraestruturas da Delegación territorial da Xunta en Lugo teme que a renuncia do Concello de Sarria a acometer a remodelación integral da rúa Diego Pazos supoña condenar á veciñanza e comerciantes desta zona a convivir indefinidamente cos problemas que presenta esta vía, e insiste en que o Goberno local debe de acometer a obra tal e como se comprometeu.

Publicado o

- Advertisement -

Desde a Xunta lembran que as múltiples deficiencias que presenta esta rúa levaron no seu día ao Concello a rescindir o contrato coa empresa que realizou a obra orixinal e insisten en que, a día de hoxe, estes problemas non están resoltos. “Apréciase unha incorrecta nivelación das beirarrúas, que provoca que a auga se desvíe directamente para as casas e outras importantes deficiencias nos bordos e no propio pavimento, repleto de fochancas”.

A Xunta aclara que corresponde ao Concello de Sarria completar esta obra executada e non rematada. Sinalan desde a Xunta que desde febreiro do 2019 conta coa autorización autonómica para executar estes traballos e prestou asistencia técnica ao Concello achegando unha serie de recomendacións para solucionar os problemas detectados, pero o proxecto desta obra, a pesar de estar redactado, nunca se executou por parte da administración local; din desde a Xunta.

A Xunta asegura que autorizaría unha reparación puntual dos espazos deteriorados na zona de circulación, sempre que se presente o proxecto e se solicite a autorización pertinente. “Sería posible autorizalo como obra de conservación, para garantir a vialidade e a seguridade viaria desta rúa, pero sempre condicionada a que o Concello acometa a reforma integral á que están obrigados”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...