HomesociedadeA licitación unha glorieta en Bóveda para mellorar a seguridade viaria

A licitación unha glorieta en Bóveda para mellorar a seguridade viaria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de licitar a execución das obras de construción dunha glorieta na intersección das estradas LU-652 e LU-546, ao seu paso polo concello de Bóveda.

Publicado o

- Advertisement -

A Plataforma de contratos de Galicia publica a licitación deste proxecto, que conta cun orzamento de máis de 212.000 euros. As empresas interesadas en desenvolver este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 23 de xuño.  O prazo de execución das obras é de 6 meses.

Trátase de mellorar a seguridade viaria e as condicións do tráfico rodado e peonil nesta contorna. As obras proxectadas consisten na execución dunha glorieta na intersección das ditas estradas, cun diámetro interior de 21 metros e un diámetro exterior de 41 metros, con accesos e saídas cun único carril. A plataforma da glorieta terá dous carrís de 4 metros e beiravías de 1 metro de ancho. Tamén se lle dará acceso ao camiño de servizo existente na marxe esquerda do eixo Lugo-A Pobra do Brollón.

Na saída da glorieta, na dirección A Pobra do Brollón, permitirase un xiro á esquerda para acceder á vía existente cara o parque empresarial de Bóveda. Neste mesmo punto, tamén se proxecta un paso de peóns accionado mediante semáforos e a instalación da semaforización correspondente, dando así continuidade a unha rede peonil existente na zona.

Os traballos incluirán o repintado de marcas viais e colocación de nova sinalización vertical, balizamento e defensas, así como a reubicación da farola existente ao centro da glorieta.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...