HomesociedadeA Gardería Infantil de Monforte abre o día 1 prazo de reserva...

A Gardería Infantil de Monforte abre o día 1 prazo de reserva de prazas

Reserva de praza por RENOVACIÓN do 1 ao 8 de xuño ambos inclusive e reserva de praza de solicitudes por NOVO INGRESO do 1 ao 15 de xuño ambos inclusive.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte asina un decreto para modificar os prazos establecidos no Regulamento para a presentación de solicitudes para o procedemento de ingreso na Gardería Infantil Municipal, reanudando o prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza por RENOVACIÓN do 1 ao 8 de xuño ambos inclusive e establecendo como prazo para o procedemento de reserva de praza de solicitudes por NOVO INGRESO do 1 ao 15 de xuño ambos inclusive.

Requisitos para a solicitude de reserva de praza

Aquelas persoas que desexen tanto renovar praza como solicitar un novo ingreso na Gardería Municipal deberán cubrir a correspondente folla de solicitude (renovación ou novo ingreso) e presentala, preferentemente por vía telemática a través da Sede Electónica do Concello, tal e como recomendan as autoridades sanitarias por mor do Covid-19, e tamén no Rexistro municipal. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante bancario de ter efectuado o pago de 40 euros en concepto de fianza previa á reserva de praza na entidade Abanca, na conta nº 2091 0126 99 3040027693, descontándose esta cantidade do importe global da matrícula de resultar adxudicatario, e reintegrándose o importe da fianza no caso de non ser adxudicatario.

Tanto a solicitude coma os requisitos para a solicitude de prazas na Gardería Municipal poden atoparse na páxina web oficial do Concello e tamén estarán dispoñibles fisicamente no Rexistro municipal así como na Gardería, co fin de dar as maiores facilidades posibles ós cidadáns. Para calquera dúbida en relación á Gardería Municipal, poderán prantexalas no teléfono do Centro de Información á Muller do Concello de Monforte: 982 416 350.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...