HomePolíticaColaboración dos sectores estratéxicos nunha mesa sectorial da crise, moción de EspertaMonforte!

Colaboración dos sectores estratéxicos nunha mesa sectorial da crise, moción de EspertaMonforte!

EspertaMonforte! solicita a convocatoria urxente dun pleno extraordinario no que se inclúa a moción que presentan para convocar unha mesa sectorial que aborde a crise económica de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Espertamonforte! considera que a actual e excepcional situación, consecuencia da crise sanitaria, económica e social provocada polo coronavirus Covid – 19, require que por parte do Concello se adopten medidas urxentes e necesarias por entender que as aprobadas polo equipo de goberno, ata o momento, son insuficientes.

O pasado venres 24 de abril celebrouse no Concello un pleno extraordinario telemático, que na súa orde do día contaba cun punto relacionado coa incorporación de remanentes de tesourería ao orzamento municipal. Estos remanentes ascenden a un total de 6.247.841,96 euros. Na documentación dese pleno, Esperta asegura que aparece que 4.250.000 euros van adicados a investimentos rurais e urbanos e a medio ambiente, mentres que apenas un 25% (1.400.000) vai dirixido a promoción económica e 100.000 euros a unha partida adicada á COVID19.

O grupo municipal espertaMonforte presentou fai unha semana no rexistro do Concello de Monforte de Lemos unha solicitude ao Sr. Alcalde para que convoque da forma máis urxente posible unha mesa sectorial en que teñan a oportunidade de colaborar todos os sectores estratéxicos de Monforte, así como representantes de servicios sociais, banca, grupos políticos, sindicatos e todo aquel que se queira engadir, co obxectivo de revertir o diñeiro dos remanentes de tesourería en beneficio das persoas, das familias, e da recuperación económica. Aseguran que non tivemos resposta a este requerimento.

Sendo conscientes da situación económica actual e dos esforzos que está facendo a cidadanía, desde Esperta renuncian a percibir do concello a cuantía correspondente a asistencias a plenos estipulada habitualmente. Solicitan na moción crear a mesa sectorial que tería os seguintes obxectivos:

  • Analizar a situación socio – económica da comarca.
  • Estudar o impacto provocado pola crise do Covid-19.
  • Deseñar e propor liñas de intervención a curto, medio e longo prazo que debe adoptar o Concello para axudar a paliar as consecuencias económicas, laborais e sociais da pandemia.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...