HomeSucesosTres feridos nun accidente na N-120 en Monforte

Tres feridos nun accidente na N-120 en Monforte

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico debido a unha saída de vía rexistrada este mércores, 3 de xuño, no termo municipal de Monforte de Lemos.

Publicado o

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 00,30 horas deste mércores o servizo de emerxencias foi avisado por un alertante dunha saída de vía na estrada de Ponferrada, no quilómetro 0, en Monforte de Lemos.

- Advertisement -

Ata o lugar desprazouse persoal de Urxencia de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte e da Garda Civil de Tráfico, despois de ser alertados polo 112 Galicia.

Os Bombeiros confirmaron que tres persoas resultaron feridas e foron evacuadas polos servizos sanitarios.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...