HomesociedadeMinuto de silencio pola finalización do loito oficial polos falecidos por COVID-19

Minuto de silencio pola finalización do loito oficial polos falecidos por COVID-19

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte sumouse este venres, 5 de xuño, ó minuto de silencio convocado a nivel estatal, por ser o último dos dez días de loito oficial polos falecidos como consecuencia da pandemia COVID-19.

Ás 0:00 horas do 6 de xuño finalizará este período de 10 días de loito oficial. Neste minuto de silencio, que se celebrou diante da fachada principal da Casa Consistorial ás 12:00 horas, participaron diversos membros do Equipo de Goberno Municipal, encabezados pola 1º Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como traballadores do propio Concello monfortino.

Durante este período e tal como estableceu o Real Decreto, as bandeiras da Casa do Concello ondearon a media hasta.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...