Homesociedade4 días sen cobertura en parte do Courel

4 días sen cobertura en parte do Courel

Desde Courel Vivo aseguran que en varias parroquias do Courel e en parte de Pedrafita do Cebreiro, lévase dende o pasado 4 de xuño sen cobertura 3G de móbil, Internet e teléfonos fixos.

Publicado o

O mesmo día que se perdeu o servizo, desde Courel Vivo aseguran que se chamou á compañía telefónica e que esta abriu unha avaría masiva, asegurando que o resolverían de forma urxente.
Pasaron 4 días desde incidencia e a veciñanza segue incomunicada. Sen poder chamar por algunha urxencia, se fose preciso. Núcleos como Romeor, Noceda, Teixeira, Visuña, etc non teñen servizo.
Para enviar este comunicado aos medios, sinalan desde Courel Vivo que se tiveron que desprazar varios km, ao igual que para chamar á compañía e saber o estado da incidencia.
Pregúntanse desde Courel Vivo, “se pasase o mesmo nunha cidade, deixando incomunicado ao 40% da poboación, deixarían pasar varios días?? As compañías afectadas, van abonar o diñeiro cobrado nestes días??”
Insisten desde Courel Vivo en que se solucione urxemente o estar incomunicados porque nesta situación non poden facer frente a posibles urxencias.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...