Homesociedade15 de xuño de recollida de plásticos agrícolas en Monforte

15 de xuño de recollida de plásticos agrícolas en Monforte

O vindeiro luns, 15 de xuño, vaise levar a cabo a recollida de plásticos agrícolas nas parroquias do municipio. A data elixida para esta actuación coincide coa época na que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos, procedentes basicamente do ensilado de herba.

Publicado o

- Advertisement -

A recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá e ó longo de toda a xornada, nos lugares que a continuación se especifican:

  • Marcelle (campo da festa)
  • Gullade, Nocedas e Penela (Saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil)
  • Vilamarín (campo da festa)
  • Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa)
  • Bascós, Chavaga e Sindrán (Local Social de Bascós)
  • Reigada e Fontes (Praza Mourelo)
  • Piñeira (Listo)
  • A Parte e Valverde (Barrete Proveiros)
  • Chao do Fabeiro (Campo da festa)
  • Moreda, San Xoán, San Xulián e Seoane (Local social de San Xoán)
  • Fiolleda (Carretera a Currelos)
  • Baamorto (Campo de Fútbol)

O plástico deberá depositarse dobrado e atado, para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión, os días previos ó da recollida (sábado 13 e domingo 14 de xuño), nos lugares anteriormente sinalados e habilitados para tal fin.

O custo do servizo asúmeo o concello sen ningún custe para os agricultores e gandeiros. Esta é a duodécima recollida deste tipo no concello de Monforte, logo de que a primeira recollida fora efectuada no ano 2008”.

Tamén se recorda que outro xeito que se pode levar a cabo para a eliminación destes residuos agrícolas é achegalos ó Punto Limpo do Concello en calquera data do ano.

ÚLTIMAS

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...

Transportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en servizo...