HomesociedadeCarballedo e Quiroga acollen campamentos de verán de Política Social

Carballedo e Quiroga acollen campamentos de verán de Política Social

A Consellería de Política Social oferta este ano 1514 prazas nunha trintena de campamentos de verán para rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos, ambos incluídos, que se celebrarán en sete instalacións da provincia de Lugo entre xullo e setembro.

Publicado o

- Advertisement -

Os campamentos de verán da provincia desenvolveranse en Viveiro, Ribadeo, Portomarín, Palas de Rei, Carballedo, Quiroga e Lugo. En Carballedo e arredores desenvólvense catro campamentos do “Adventure Camp”, e no albergue municipal de Quiroga dous de “Explora o Courel”.

Este martes, 23 de xuño, remata o prazo de solicitudes. A oferta completa pode consultarse no Portal de Xuventude da Xunta de Galicia. O número de prazas nos campamentos é inferior ao de anos anteriores debido á limitación do aforo establecido polas autoridades sanitarias por mor da covid-19, pero amplíase a oferta con novas propostas, que se convocarán proximamente.

Ademais, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, poranse en marcha os minicampamentos “Coñece Galicia”, con estadías de cinco días de duración -de luns a venres- en establecementos turísticos; esta modalidade contará con 170 prazas en Lugo. Por último, como en anos anteriores, convocaranse tamén campos de voluntariado, que ofrecerán 60 prazas na provincia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...