HomeSucesosDerrúbase unha vivenda en pleno centro de Monforte

Derrúbase unha vivenda en pleno centro de Monforte

O derrube de parte da vivenda non ocasionou danos persoais

Publicado o

- Advertisement -

Na madrugada do 11 de xullo, o lateral dunha casa sita na Rúa Compañía número 24 veuse abaixo sen consecuencias nefastas para os veciños da zona.

A zona, que é moi transitada, sobre todo nesta época estival por estar fronte ó Colexio dos Escolapios, non presentaba viandantes ó seu carón nese momento polo que só houbo que lamentar danos materiais.

A vivenda estaba nun estado lamentable dende hai anos. Arestora, técnicos do concello están a estudar a situación para determinar as medidas a tomar ante este novo feito que só vén a confirmar un feito máis que probado en Monforte; o seu casco histórico presenta un estado lamentable. Presumiblemente a retirada total de cascallos e da parte que aínda non caeu deberá ser limpada polos donos da vivenda que nese intre non se atopaban nela. Mentras tanto, axentes da Policía Local de Monforte acordoaron a zona por temor a que tamén se veña abaixo a fachada do inmoble e se produzan danos persoais.

Este novo feito vense a sumar a outros máis xa coñecidos na zona das mesmas características pois no que vai de ano son varias as casas que se viñeron abaixo polo seu estado deporable e falta de conservación por parte dos donos. O máis chamativo foi a da Rúa Calvo Sotelo que obrigou a ter pechado o tráfico da vía preto de 4 meses ata que o seus herdeiros se dispuxeron a desescombrar.

 

 

 

ÚLTIMAS

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...