HomeCulturaO museo Pazo de Tor abre as súas portas o 26 de...

O museo Pazo de Tor abre as súas portas o 26 de xuño

O 26 de xuño retómanse as visitas aos museos da Rede Provincial, que seguirán potenciando as actividades virtuais que desenvolveron nestas semanas. As visitas organizaranse dacordo con normas para preservar a saúde colectiva

Publicado o

- Advertisement -

Os catro museos da Rede Museística Provincial retoman as visitas presenciais o 26 de xuño. O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Pazo de Tor e a Fortaleza de San Paio de Narla volverán recibir público presencialmente tras semanas dunha intensa actividade virtual, ofrecendo contidos e actividades adaptadas á situación sanitaria.

A Rede Museística Provincial estableceu diferentes medidas para que as visitas se fagan coas máximas garantías de seguridade. A capacidade e tempos de permanencia nos museos adaptáronse e limitáronse segundo as dimensións e características de cada espazo.  O uso de máscara será obrigatorio para todas as persoas que accedan aos museos. Ademais, os catro museos contan con dispensadores de solucións hidroalcólica á entrada e á saída, para facilitar a hixiene de mans.

No interior, sinalizáronse itinerarios de forma que os visitantes farán percorridos pensados para que poidan ver as coleccións e exposicións mantendo a distancia interpersoal de 2 metros. Poderanse seguir concertando visitas guiadas pero a reserva será individual ou para grupos de familiares ou persoas que convivan habitualmente, cun máximo de seis persoas. Os museos permanecerán abertos de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

ÚLTIMAS

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...