HomePolíticaO pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

O Concello de Monforte de Lemos non reclamará á Consellería de Educación unha nova unidade de 2.º de Educación Primaria. O Pleno celebrado este luns rexeitou a moción presentada por Espertamonforte co voto en contra do Partido Popular e a abstención do PSOE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo para dar resposta á saturación das aulas. Os cinco colexios da cidade escolarizan este curso 153 alumnos e alumnas de 2.º de Primaria, repartidos en sete aulas. Se se aplicase a ratio de 20 alumnos por aula que establece o Acordo de melloras do sistema educativo galego, asinado pola Xunta e os sindicatos en 2023, esas sete aulas terían capacidade para 140. Monforte ten, polo tanto, trece alumnos máis dos que permitiría ese obxectivo, que a Xunta prevé estender a Primaria nos próximos cursos. “Estas cifras corresponden só ao número real de alumnado: se se aplicase o cómputo dobre ou triplo que a normativa establece para o alumnado con discapacidade ou dependencia, o exceso sería aínda maior”, destaca Esperta Monforte.

A formación política advirte de que seguen chegando solicitudes de matrícula co curso xa iniciado. A nova unidade que pedía a moción non ía destinada a un centro concreto, senón a abrir en Monforte prazas suficientes para acoller ese alumnado sen aumentar máis os grupos existentes; e lembra que “os centros educativos non apoian nin rexeitan mocións políticas. As ratios non son unha cuestión de apoios, son datos”.

O grupo anunciou que seguirá defendendo unha solución por todas as vías institucionais e que volverá levar ao Pleno a constitución dun Consello Escolar Municipal, un órgano de participación que, segundo sinala, permitiría anticipar situacións coma esta antes do inicio de curso.

“En 2.º de Primaria os nenos e nenas aprenden a ler, a escribir e a calcular. Advertimos en xuño que as aulas estaban cheas, e hoxe todas as aulas de 2.º de Monforte teñen 20 alumnos ou máis. O PP responde que aínda caben cinco máis en cada clase, e o PSOE, que prefire esperar. Nós cremos que os nenos e nenas de Monforte non poden esperar”, sinalou o concelleiro de Espertamonforte, Jaime Germán Vázquez Pérez.

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...