HomesociedadeMonforte celebra o 30 de xuño as honras á Virxe de Montserrat

Monforte celebra o 30 de xuño as honras á Virxe de Montserrat

As honras á Virxe de Montserrat que se celebrarían o pasado 14 de abril víronse suspendidas polo estado de alarma. Na nova normalidade celebraranse o día 30, a partir das 20.30 na Régoa.

Publicado o

- Advertisement -

O martes 30 de xuño ás 20:30 horas terá lugar primeiramente a celebración na Igrexa da Régoa dunha misa na honra da Virxe de Montserrat, dado que a Igrexa de San Vicente, lugar que tradicionalmente acolle estes actos litúrxicos, segue pechada debido ás obras de restauración que nela se están a levar a cabo.

Tras a celebración eucarística, procederase a celebrar unha procesión coa imaxe da Virxe de Monserrat polo atrio da Igrexa da Régoa. Finalmente, tal e como marca a tradición, o Alcalde de Monforte renovará os votos coa Virxe e procederase á bendición dos campos. Finalmente, a imaxe volverá ó altar da Igrexa da Régoa, que é onde se mantén exposta mentres duren as obras de restauración da Igrexa de San Vicente.

O Alcalde sinala que na celebración das honras á Virxe de Monserrat seguiranse as normas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias por mor do COVID-19, e recoméndase o uso de mascarilla ou gardar a distancia social a todos os veciños e veciñas que acudan a este importante e tradicional acto.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...