HomeCulturaConcertos de pandemia, concertos de terraza no Círculo Saviñao

Concertos de pandemia, concertos de terraza no Círculo Saviñao

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Andrés Montes, vocalista de Gin Toni´s, foi o encargado de volver abrir os eventos de lecer e cultura do Círculo Saviñao despois do estado de alarma. Foi nun concerto que ofreceu na terraza do local da sociedade. O músico, veciño e socio interpretou unha gran variedade de versións guitarra en man para agasallar a seguidores e veciños.

O Círculo lembra que os próximos concertos serán neste espazo ó aire libre, con aforo limitado, distancia de seguridade e que será obrigado o uso da máscara e o sentido común.

Círculo Saviñao terraza / Círculo Saviñao

A seguinte cita será o sábado, 4 de xullo, ás 20.00 coa actuación de Jorge Alcalá, e o 11 de xullo tamén ás 20.00, a cita será con Poemas de amor en outono de Xoán Eiriz.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...