HomeMedio ambiente e PatrimonioA comarca de Quiroga une forzas para a declaración do Xeoparque Mundial...

A comarca de Quiroga une forzas para a declaración do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel

Os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, integrados na Asociación para a promoción territorial Montañas do Courel, veñen de asinar un convenio coa Deputación de Lugo para a posta en marcha, durante un ano, de actividades informativas e divulgativas deste territorio.

Publicado o

- Advertisement -

As montañas do Courel son sinónimo en Galicia de natureza e cultura tradicional dun xeito adaptado ó medio e volcado na súa defensa e aproveitamento sostible.

Este territorio do Courel é o escaparate perfecto para observar unha parte da historia xeolóxica do planeta, concretamente o Paleozoico inferior e medio, e en menor medida, tamén os finais do terciario e cuaternario.

Por todo isto nace o Proxecto Xeoparque Mundial da Unesco, Montañas do Courel. Un xeoparque é un territorio que contén tanto patrimonio xeolóxico singular como unha estratexia de desenvolvemento propia. Conta cuns límites claramente definidos e unha superficie suficiente para que poda levar a cabo un desenvolvemento económico propio. Neles, é tan importante a calidade de vida dos seus habitantes como a súa riqueza xeolóxica.

Con relación a esta declaración, os Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, integrados na Asociación para a promoción territorial Montañas do Courel, veñen de asinar un convenio coa Deputación de Lugo para a posta en marcha, durante un ano, de actividades informativas e divulgativas deste territorio, e así acadar a tan desexada declaración de Xeoparque Mundial da UNESCO no vindeiro ano 2019.

Os 25.000 euros acordados na rúbrica do convenio veñen a sufragar os gastos do proxecto de promoción e difusión da candidatura que contempla, entre outros traballos, a sinalización, a creación de novas rutas turísticas na contorna, a organización de xornadas de estudo do propio territorio e a elaboración dunha guía turística. A cambio, a Asociación comprométese a realizar accións informativas para incluír á cidadanía dos tres concellos implicados no acordo co obxectivo de sumar entre todos para acadar a finalidade acordada.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...