HomesociedadeQuiroga abre este día 1 as súas piscinas, a climatizada de Monforte...

Quiroga abre este día 1 as súas piscinas, a climatizada de Monforte farao o día 13

Nunha xornada de entrada gratuíta abren este mércores as piscinas municipais de Quiroga, mentres a piscina climatizada de Monforte prepárase desde hoxe para abrir o día 13 de xullo todas as súas instalacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nunha xornada de entrada gratuíta abren este mércores as piscinas municipais de Quiroga, con todas as medidas de seguridade marcadas pola Xunta de Galicia: parcelamento do céspede, zonas marcadas de entrada e saída e xel hidroalcohólico a disposición dos usuarios son algunhas das medidas que se tomaron.

As piscinas municipais, que manteñen os prezos de entrada de anos anteriores, abren todos os días en horario de 12 do mediodía a oito do serán. Xunto coa apertura das piscinas tamén se abre o servizo de cafetería do que este ano se encargará directamente o concello.

A intención do Goberno Municipal, que apela unha vez máis á responsabilidade dos usuarios é manter este servizo aberto ata principios do mes de setembro, supeditado ás condicións meteorolóxicas.

Piscinas Quiroga / Concello de Quiroga

Piscina climatizada de Monforte e ximnasio

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar un decreto onde se establece o cronograma de actuacións previas á apertura da Piscina Municipal, que abrirá as súas portas o luns 13 de xullo. O mércores, 1 de xullo, reincopóranse os traballadores ós seus postos de traballo, actualmente están en ERTE e curso de formación en COVID-19 adaptado a piscinas de uso colectivo.

Entre o 2 e o 12 de xullo será a posta a punto da instalación e adaptación ás novas esixencias derivadas da crise sanitaria pola COVID-19, para o día 13 abrir no horario habitual. O Equipo de Goberno do Concello está a deseñar un protocolo específico de uso da Piscina Municipal adaptado ós novos requirimentos e necesidades.

Ademais, a normativa que se seguirá para establecer as medidas de uso destas instalacións será a establecida no punto 3.14 do Anexo “Medidas de Prevención” recollidas na Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade:

As piscinas ó aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do 75% da súa capacidade; procurarase manter as debidas medidas de seguridade e protección; nas zonas de estancia das piscinas establecerase unha distribución espacial para procurar a distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios non conviventes, mediante sinais no chan ou marcas similares; Recordaránselles aos usuarios, por medios de cartelería visible ou mensaxes de megafonía, as normas de hixiene e prevención que se deberán observar, sinalando a necesidade de abandonar a instalación ante calquera síntom; nas instalacións que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación do servizo axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

Do mesmo xeito, o punto 2.8 do Anexo “Medidas de Prevención” da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, define as medidas de hixiene e prevención en piscinas de uso colectivo.

Piscina climatizada / Concello de Monforte

Dado que a instalación deportiva da Piscina Municipal de Monforte dispón dun ximnasio con máquinas a disposición de uso libre por parte dos usuarios a apertura deste espazo se regula no punto 3.20 “Actividade e instalacións deportivas”:

  1. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata 25 persoas, sen contacto físico, e sempre que non se superen os dous terzos da capacidade máxima permitida.
  2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.
  3. Cada instalación deberá publicar un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios e que recollerá as distintas especificacións en función da tipoloxía de instalacións que, de ser o caso, poidan preverse nun protocolo básico aprobado polo Centro de Coordinación Operativa por proposta da Secretaría Xeral para o Deporte.
  4. Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita ós seguintes criterios xerais de uso:
    1. Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.
    1. As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para tal fin.
    1. Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.
    1. Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans con hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.
    1. Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, utilizar máscara.
    1. Utilizarase máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.
    1. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación do servizo axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

ÚLTIMAS

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias...