O Concello reactiva os procedementos de licitación para contratar obras, servizos e subministros públicos. Nesta mesma semana darán comezo os trámites para desenvolver nos mes de xullo as seguintes obras:
- Rúa Alfredo Brañas, que conecta a estrada de Castro Caldelas coa entrada das instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal. Dotarase dunha capa de aglomerado en quente e levantamento de arquetas de sumidoiros.
- Rúa Lois Pereiro, vaise actuar no treito que discorre dende a desembocadura da rúa Otero Pedrayo ata o final da mesma. Viase dotar dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e sinalizar para unha ordenación dos estacionamentos, para tratar de aproveitar mellor o espazo e aumentar as prazas destinadas a vehículos de motor.
- Rúa Travesía Lois Pereiro-Miguel de Cervantes, dotarase dunha capa de aglomerado en quente e realizarase tamén unha alineación nas hortas que se atopan na parte central desta rúa.
- Rúa Lemavos, que discorre dende a rúa Chantada, onde se atopa un pequeno parque infantil, producirase unha pequena ampliación da plataforma para despois dotala dunha capa de rodadura de aglomerado en quente e sinalada horizontalmente.
- Rúa Alonso Ríos que será dotada dun firme novo con aglomerado en quente.
Estas 5 rúas citadas vanlle ser contratadas nesta mesma semana á empresa ACOVAL, por un importe de 84.546,78 euros.
Por outra banda, as seguintes 8 rúas vanlle ser contratadas esta mesma semana á empresa OVISA, por un importe de 123.853,84 euros:
- Rúa das Cruces, vaise ampliar a plataforma da rúa nalgúns sitios para que permita o cruce de 2 vehículos con comodidade e seguidamente será dotada dunha capa de rodadura de aglomerado en quente, rematando as obras coa subida de tapas e sinalización horizontal.
- Praza do Concello, repararase a pavimentación e os acabados da Praza do Concello e do seu entorno, así como dos asentos que se atopan na parte frontal e lateral da Praza do Concello.
- Rúa Central será dotada dunha capa de rodadura de aglomerado en quente e unha nova sinalización dende a rúa Roberto Baamonde ata as proximidades do Ferrocarril, dado que se trata dunha rúa sen saída.
- Rúa Historiador Germán Vázquez, será dotada dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente dende a rúa Central ata a rúa da Estrela, cunha nova reordenación do tráfico importante na zona que será dado a coñecer nos próximos días.
- As rúas Severo Ochoa e Poeta Noriega Varela dotaranse de nova pavimentación.
- Rúa Castelao-marxe dereita, proxéctase dotar de firme a travesía da rúa Castelao na marxe dereita que discorre ó lado da vía do Ferrocarril ata a travesía do Reboredo. Deste xeito, a rúa Castelao vai ter dobre saída, xa que agora ten saída pola marxe esquerda uníndose á rúa Francisco Moure, e despois de feitas estas obras, tamén se poderá saír cara o Reboredo.
- Segunda Travesía do Reboredo, trátase de dotar dunha nova capa de aglomerado en quente dende a travesía do Reboredo ata o fondo das vivendas.